Chus Lago defende que a legalidade de Vigozoo responde ás "grandes obras feitas nos últimos dous anos"
A concelleira de Medioambiente, Chus Lago, asegurou este martes que o informe favorable da Xunta de Galicia ratifica que VigoZoo "cumpre a lei" e as normativas de seguridade actuais. A validez do recinto responde ás "grandes obras" realizadas nos últimos dous anos, cun investimento próximo ao millón de euros. Unha vez confirmada a súa legalidade, Lago adiantou que Vigo integrarase na Asociación Ibérica de Zoolóxicos.
A concelleira de Medioambiente, Chus Lago, asegurou este martes que o informe favorable da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia ratifica a legalidade de VigoZoo, que responde ás "grandes obras feitas nos últimos dous anos".
A edil socialista explicou que o seu departamento ten recibida a resolución o pasado 22 de marzo, e confirma que o recinto vigués cumpre cos requisitos de seguridade para animais e visitantes e adáptase á legalidade vixente pola Unión Europea. Lago recordou que "estamos cumprindo desde fai dous anos", con investimentos que rondan o millón de euros.
A concelleira adiantou asemade que, unha vez confirmada e validada a legalidade de VigoZoo, o recinto vigués integrarase na Asociación Ibérica de Zoos e Acuarios (AIZA), despois de que o seu presidente -quen xa o inspeccionara con resultado positivo en pasados meses- visite novamente o zoolóxico da Madroa.
Chus Lago afondou no "moito traballo" que ten por diante no zoo de Vigo, que sumará próximamente novos espazos. O Nocturama, segundo explicou, será inaugurado "en breve"; a falta de detalles exteriores, os animais xa habitan alí e, de cara á súa apertura ao público, precísase unicamente do informe preceptivo da Xunta de Galicia.
Outro recinto "case rematado" é o dos lobos ibéricos, anunciou Lago, que nun mes estará preparado para recibir aos exemplares. Unha vez dado ese paso, o seguinte será a inspección do goberno autonómico para a súa posterior apertura. Por outra banda, a granxa escola, que contará cunha horta para que os máis pequenos, está a ser deseñada actualmente, xa foi enviado o proxecto a Sanidade e estase na espera de resposta.
No tocante aos animais, Chus Lago indicou que o persoal de VigoZoo está pendente da evolución do Orix que naceu recentemente na Madroa, ademais de outro exemplar que está embarazada, dunha guanaca e do ovo posto pola parella de voitres.
Descargar todas as imaxes