luns, 5 abril 2010

O alcalde anuncia o inicio da humanización de Manuel Álvarez, a "máis importante da cidade" con 5,2 millóns de investimento

Abel Caballero informou este luns da aprobación do plan de seguridade e saúde da mellora de Manuel Álvarez, "a humanización máis importante feita nunca nesta cidade" atendendo ao seu volume de investimento, que ronda os 5,2 millóns de euros. Os traballos de mellora na rúa, que xa deron comezo e que precisaron de expropiacións, estarán rematados no prazo de quince meses.

O tenente de alcalde anuncia o investimento de 900.000 euros en novas actuacións de mellora de servizos no Casco Vello

luns, 5 abr 2010

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou este luns o investimento de 900.000 euros para a execución de novas actuacións de mellora dos servizos públicos do Casco Vello, nunha nova fase das intervencións con cargo aos fondos do plan FEIL. As obras previstas levaranse a cabo tanto na parte alta do barrio como na súa parte baixa e, segundo o edil, tratan de "mellorar o que no se ve, para mellorar a calidade de vida da veciñanza".

Abel Caballero asegura que as 22 novas unidades de renting duplicarán o número de coches da policía local

luns, 5 abr 2010

O alcalde anunciou hoxe luns a proposta de adquisición de 22 novos coches polo sistema renting para a Policía Local de Vigo, aprobada pola Xunta de Goberno. O parque móbil actual do corpo de seguridade vigués conta 26 coches dos 66 vehículos totais, co que as novas unidades prácticamente duplicarán os existentes. O renting terá unha validez de catro anos, ata o 2014, cun orzamento de 250.000 euros.

A especie, un antílope africano, está actualmente en extinción en estado salvaxe. A outra femia oryx do grupo tamén está a espera dun novo exemplar

Nace en Vigozoo o primeiro oryx en cautividade

luns, 5 abr 2010

A concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, visitou hoxe as instalacións de Vigozoo para seguir de cerca o estado da recén nacida cría de oryx cimitarra, a primeira que ve a luz en cautividade do zoolóxico vigués. O pequeno antílope naceu o pasado xoves e disfruta xa dos primeiros días de bo tempo desta primaveira.