Santi Domínguez anuncia que xa están a venda as entradas para o concerto de Alejandro Sanz o 22 de maio no Ifevi
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou este mércores que o vindeiro 22 de maio actuará Alejandro Sanz no Ifevi, onde presentará o seu último disco "Paraíso expréss". Na presentación do concerto, na que tamén participou o concelleiro de Cultura, Xesus López, o xerente do recinto feiral, Arsenio prieto, e o promotor Jesús Manzano, o nacionalista salientou que Sanz é "o mellor cantante español de nivel internacional que se pode presentar" na actualidade. Xa están á venda 10.000 entradas, a un prezo de 30 euros a entrada xeral e 55 euros a correspondente ao "Espazo Paraíso", para a que estarán dispoñibles 600 entradas.
"Cando chegamos ao goberno municipal diciamos que tiñamos que aproveitar o Ifevi para que fora unha referenza musical internacional", destacou Santi Domínguez. Neste sentido, lembrou que tras o investimento realizado, este recinto cumpre os requisitos esixidos polas grandes estrelas do panorama musical, de xeito que xa acolleu grandes concertos como os de Lenny Kravitz ou Bob Dylan. Asemade, felicitou ao promotor do concerto, Jesús Manzano, por ter elixido a Alejandro Sanz para que actúe en Vigo e ao IFEVI á hora de ofertar grandes concertos.
O concelleiro de Cultura sinalou que o concerto que ofrecerá Alejandro Sanz se suma aos xa presentados e que terán lugar no emblemático auditorio de Castrelos, Norah Jones o 14 de xullo; Patti Smit o 18 de xullo, e David Bisbal o 7 de agosto. Salientou que o cantante madrileño chegará a Vigo "na súa madurez artística", despois dunha exitosa xira por Latinoamérica, onde nos escenarios de México, Chile, Arxentina e Paraguay, máis de 200.000 persoas en total disfrutaron da súa música.
Segundo Xesus López, a carreira musical de Alejandro Sanz é "unha carreira plagada de éxitos", con máis de 21 millóns de discos vendidos, e cunha gran lista de premios, entre os que destacan os 17 Grammy latinos e 2 Grammy americanos. Conta con once álbumes publicados, e todos eles obtiveron o disco de Platino.
Respecto ao seu último traballo, "Paraíso Express", indicou que conta con importantes colaboracións de artistas como Shakira, The Corrs ou Alicia Keys. Na súa primeira semana de vendas en España, Estados Unidos, México, Arxentina, Colombia e Chile xa se posicionou como número un. O primeiro sinxelo do disco, "Looking For Paradise", estreouse o 18 de setembro e dende o primeiro momento acadou o número un en descargas de iTunes en España e Latinoamérica. O segundo sinxelo, "Desde cuando", estivo xa meses no número un nas listas de radio.
Alejandro Sanz amosa na "Xira Paraíso" o seu mellor directo, como xa demostrou nos oito concertos exclusivos de presentación do novo traballo "Paraíso Express", que ofreceu recentemente no madrileño Teatro Compac Gran Vía. Segundo o concelleiro nacionalista, no novo disco plasma a súa esencia como compositor e intérprete e o propio Alejandro Sanz definiuno como "máis rockero que os anteriores, cun rock elegante e máis positivo nas letras, cun espírito alegre e rítmico".
O edil de Cultura sinalou que para este concerto se sigue apostando por "prezos populares", xa que custan 30 euros as xerais e 55 euros na Zona Paraíso, para a cal hai reservadas 600 entradas. Ao respecto comparou os prezos de Vigo cos de outras cidades, como Barcelona (entre 60 e 200 euros), A Coruña (entre 65 e 135 euros), Madrid (entre 44 e 300 euros) ou Valladolid (entre 71 e 180 euros).
Respecto aos puntos de venda, o promotor do concerto, Jesús Manzano indicou que se poden adquirir en El Corte Inglés, www.elcorteingles.es, ou no teléfono 902 400 222; na televenta de Caixanova, www.servinova.com ou no teléfono 902 504 500; así como o mesmo día do espectáculo na taquilla do Ifevi a partir das 17 horas.
No tocante as características técnicas do concerto, explicou que na actuación Alejandro Sanz estará acompañado por unha banda de 9 músicos, baixo a dirección musical de Mike Ciro. O deseño da escenografía e luces é obra de Luis Pastor, quen creou un concepto de escenario dinámico no que 28 motores de velocidade variable fan que a escenografía se converta nunha estrutura viva adaptada a cada tema. Estes motores moven máis de 140 metros cuadrados de pantalla led de última xeración, que teñen unha transparencia que fai que o escenario adquira diferentes dimensións ópticas. Ademais, o espectáculo contará con preto de 100.000 vatios de luz.
Descargar todas as imaxes