martes, 6 abr 2010
A concelleira de Medioambiente, Chus Lago, asegurou este martes que o informe favorable da Xunta de Galicia ratifica que VigoZoo "cumpre a lei" e as normativas de seguridade actuais. A validez do recinto responde ás "grandes obras" realizadas nos últimos dous anos, cun investimento próximo ao millón de euros. Unha vez confirmada a súa legalidade, Lago adiantou que Vigo integrarase na Asociación Ibérica de Zoolóxicos.
martes, 6 abr 2010
O concelleiro de Cultura, Xesus López, presentou este martes o novo Coro Cidade de Vigo, que ten aberto o prazo de inscrición ata o 1 de maio para efectuar a selección das voces os días 7 e 8 de maio no Conservatorio Superior de Música. O edil salientou que este coro nace como complemento do programa "Vigo, un mar de corais" que promove a Concellería de Cultura coas diferntes corais da cidade e co obxectivo de promover a práctica musical dos seus integrantes.
martes, 6 abr 2010
A Concellaría de Xuventude, a través dun convenio con RENFE, regala dous billetes InterRail para mozos e mozas da nosa cidade, co obxecto de que a mocidade teña a oportunidade de viaxar por Europa e gozar dunha experiencia inesquecible. Este ano a proposta para conseguir os billetes consiste nun concurso de fotografía co móbil.