Escoitar
A especie, un antílope africano, está actualmente en extinción en estado salvaxe. A outra femia oryx do grupo tamén está a espera dun novo exemplar

Nace en Vigozoo o primeiro oryx en cautividade

A concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, visitou hoxe as instalacións de Vigozoo para seguir de cerca o estado da recén nacida cría de oryx cimitarra, a primeira que ve a luz en cautividade do zoolóxico vigués. O pequeno antílope naceu o pasado xoves e disfruta xa dos primeiros días de bo tempo desta primaveira.

luns, 5 abr 2010
1270470173oryx.jpg
Acompañado en todo momento polos seus pais o pequeno animal, do que se descoñece o xénero polo de agora, podería ter pronto un novo compañeiro xa que a outra femia do grupo tamén está en avanzado estado de xestación.

Deste xeito o parque zoolóxico municipal de Vigo da un paso máis nos seus plans de repoboación e espera que a cría poida superar os primeiros meses de vida. A nai, unha femia de seis anos de edade procedente de Africa, ao igual que o resto do grupo están nunha zona de aceso restrinxido do zoo para que non sexan molestados polos visitantes. Despóis de 11 meses de xestación o novo oryx aliméntase da leite materna e no vindeiro mes cambiará a súa alimentación. A presidenta do zoo vigués, Chus Lago, confía en que a cría saia adiante aínda que se mostra cauta pola súa delicadeza.
Descargar todas as imaxes