Abel Caballero asegura que as 22 novas unidades de renting duplicarán o número de coches da policía local
O alcalde anunciou hoxe luns a proposta de adquisición de 22 novos coches polo sistema renting para a Policía Local de Vigo, aprobada pola Xunta de Goberno. O parque móbil actual do corpo de seguridade vigués conta 26 coches dos 66 vehículos totais, co que as novas unidades prácticamente duplicarán os existentes. O renting terá unha validez de catro anos, ata o 2014, cun orzamento de 250.000 euros.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe luns da proposta aprobada de adquisición de 22 novos coches para a Policía Local polo sistema de renting, cantidade que na práctica duplica os existentes actualmente.
O sistema terá unha validez de catro anos, desde o actual ata o 2014 ambos incluidos, e sumará un investimento de 250.000 euros. 17 dos novos vehículos operarán como coches patrulla, outros tres serán furgóns policiais e complétanse os 22 totais con dous todo terreos.
A dotación móbil actual do corpo de seguridade vigués está composta por 26 vehículos de catro rodas, co que este ano "imos duplicar o parque" da Policía Local, para dotar de "máis capacidade operativa" aos 358 axentes.
Descargar todas as imaxes