A Concellaría de Xuventude de Vigo sortea de dous billetes de InterRail
A Concellaría de Xuventude, a través dun convenio con RENFE, regala dous billetes InterRail para mozos e mozas da nosa cidade, co obxecto de que a mocidade teña a oportunidade de viaxar por Europa e gozar dunha experiencia inesquecible. Este ano a proposta para conseguir os billetes consiste nun concurso de fotografía co móbil.
As fotografías versarán sobre a temática dos deportes urbanos: parkour, skate, bmx... de deberán estar tomadas no municipio de Vigo.
O prazo de recepción rematará o 19 de maio e as fotografías deberán enviarse como arquivo adxunto ao correo electrónico xuventude@vigo.org
Descargar todas as imaxes
O prazo de recepción rematará o 19 de maio e as fotografías deberán enviarse como arquivo adxunto ao correo electrónico xuventude@vigo.org