Escoitar
Medioambiente está a investir 163.000 euros nos traballos de limpeza e recuperación da zona e na reposición dunha das pontes

O Concello retira as dúas pontes deterioradas do río Lagares

A concelleira de Medioambiente, Chus Lago, visitou hoxe as obras de mellora do cauce do río Lagares, á altura de Ricardo Mella, onde se están a levar a cabo importantes actuacións de limpeza e recuperación. Varios operarios traballaban esta mañá nas labores de retirada das dúas pontes deterioradas ubicadas nas inmediacións da Estación Depuradora.

xoves, 18 mar 2010
1268921648obralagares.jpg
Sobre as 12 da mañán os operarios conseguiran xa retirar as dúas pontes de luces do río cunha grúa e estaban a traballar nas labores de desguace e no traslado da madeira ao xestor de residuos.

As pontes foron pechadas ao tránsito polo Concello polo alto grao de deterioro e polo risco para os peóns. Nos proxecto estánse a investir 163.000 euros, dos que 45.000 están reservados para unha nova ponte. Chus Lago insistiu en que "o importante é a retirada de dúas pontes que eran perigrosas. Hai unha reserva de 45.000 euros e se investirán en canto se aproben os orzamentos deste ano."

Dentro do proxecto de melloras no tramo comprendido entre a Avenida de Castrelos e a desembocadura do Lagares en Samil destaca a instalación dunha canaleta de formigón na parte inferior da pasarela metálica que cruza desde a Avenida de Citróen aos xardíns de Pablo Iglesias para evitar que as augas pluviais acaben depositándose na senda.

A edil socialista tamén explicou que está prevista a reparación de pasarelas, desbroces en varios puntos ou a colocación de fontes ao longo do tramo de paseo entre a Avenida da Florida e Ricardo Mella.

Ademáis destas actuacións a concellería de Medioambiente retirou no primeiro trimestre de 2010 máis de dúas ducias de árbores caídas no leito do río por mor dos temporais ademáis de desatrancar a ponte de Muíños e a romana de Sárdoma de polas e maleza. No mes de xaneiro retiráronse uns 400 quilos de lixo da xunqueira ás que se sumaron as 3 toneladas retiradas durante a semana pasada desde a Avenida de Madrid cara a Castrelos.
1268921648obralagares.jpg
1268921661lagares1.jpg
Descargar todas as imaxes