mércores, 17 mar 2010
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, participou este mércores na clausura dos actos que conmemoran o 25 aniversario da creación de CEDRO. Na súa intervención, a concelleira salientou a atención integral e especializada que ofrece o equipo de profesionais desta unidade asistencial dende a súa creación en 1985 no ámbito das drogodependencias.
mércores, 17 mar 2010
O tenente de alcalde e concelleiro de Comercio, Santi Domínguez, anunciou este mércores a reforma integral do mercado e a praza de O Progreso, que ten un orzamento de 2,5 millóns de euros e un prazo de execución de un ano a partir da apertura do mercado provisorio na praza superior. Na presentación do proxecto o concelleiro asegurou que ademais de mellorar as instalacións, a remodelación ten o obxectivo de "conseguir que o mercado se convirta nun elemento dinamizador do barrio e do contorno comercial".
mércores, 17 mar 2010
O concelleiro de Cultura, Xesus López, expresou este mércores o apoio do Concello de Vigo ao proxecto "Ponte nas ondas", que este ano celebran "quince anos tendendo pontes". A XVI edición celebrarase no museo Verbum o 16 de abril baixo o título "O tesouro dos avós", e os días 23 e 24 de abril o Verbum tamén acollerá a primeira parte do congreso de celebración dos quince anos de traballo a prol da recuperación do patrimonio inmaterial galego e portugués.
mércores, 17 mar 2010
Desde o 15 e ata o 26 de marzo podese visitar a exposición de pintura de Yago Puentes "Cun ollo aberto" na Casa da Xuventude.Esta exposición reflicte a pouca confianza que existe nos tempos nos que vivimos, debido aos problemas económicos, problemas persoais, problemas de calquera tipo, ata problemas amorosos.