O alcalde avanza que en outono estará rematada a humanización da marxe esquerda da Avenida de Europa
Abel Caballero visitou este martes as obras de humanización da marxe esquerda da Avenida de Europa, desde o colexio "Amor de Dios" ata a Avenida de Samil, cun investimento de 900.000 euros. O Concello acelerará os traballos para ter a beirarrúa lista en verán, e en outono o resto da mellora. Aproximadamente en ano e medio ou dous anos iniciarase a marxe dereita da Avenida, que dará continuidade ao paseo verde da Avenida de Castelao.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este martes que en outono estará rematada a humanización da marxe esquerda da Avenida de Europa en sentido ás praias, que partirá do Colexio "Amor de Dios" ata Samil.
Así o avanzou Caballero nunha visita aos traballos de humanización da Avenida, onde adiantou que o Concello acelerará a obra para que a beirarrúa estea lista en verán, e o embelecemento e axardinamento da zona "en outubro ou novembro", segundo apuntou o alcalde.
A beirarrúa terá unha anchura media de 4 metros e na Avenida instalaranse distintos servizos como uns sesenta puntos de luz, papeleiras, bancos e varias zonas de descanso, que caracterízanse por ser máis amplas e incluir pequenas zonas verdes.
O investimento do Concello nesta actuación ascende a case 900.000 euros, aos que habería que sumar a man de obra, procedente dos plans municipais de emprego. Uns 10 ou 15 traballadores operarán nesta mellora de forma permanente, aos que se engadirá puntualmente máis persoal para tarefas especializadas.
O tramo en marcha conta con 1,3 quilómetros de extensión e, nunha segunda fase que dará comezo dentro de ano e medio ou dous anos, será o turno da marxe dereita da Avenida, tal e como apuntou Caballero. Esta segunda fase dará continuidade aos xardíns da Avenida de Castelao ata Samil, coas mesmas características do paseo de Coia. O Concello está nestes momentos preparando este proxecto.
Abel Caballero aseverou que "temos unha gran ilusión" nesta humanización, "moi demandada" pola cidadanía, polo que concluíu que "vamos tratar de acelerar a beirarrúa para que estea dispoñible en verán".