O alcalde anuncia o investimento de 2 millóns de euros para unha decena de melloras en rúas do rural
A Xunta de Goberno Local celebrada este luns aprobou os plans de seguridade e saúde das obras, o paso previo ao inminente inicio dos traballos. Segundo indicou Abel Caballero, e dentro dos orzamentos municipais, o Concello deu o seu visto bo as melloras da Alameda Emilio Crespo Cano, de Casal de Arriba, Muiños, Sanín-Casas, Curros, o entorno da Igrexa de Zamáns e a estrada da Igrexa, Espedrigada, Baixada a Laxe, Fragoselo e Marcosende.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe luns o investimento de dous millóns de euros para a mellora dunha decena de rúas do rural, con cargo aos propios orzamentos municipais do pasado ano.
Abel Caballero informou da validación dos plans de seguridade e saúde das obras, o paso administrativo previo ao inicio efectivo dos traballos, que suporán melloras en parroquias como Sampaio, Zamáns, Coruxo ou Sárdoma, entre outras.
As reformas terán lugar na Alameda Emilio Crespo Cano (Navia), con 465.000 euros de investimento; na rúa Casal de Arriba (Sampaio), con 194.000 euros; na rúa Muíños (Comesaña), con 170.000 euros; Camiño Sanín-Casas (Comesaña), e 310.000 euros de investimento; en Curros (Lavadores), por 90.000 euros; no entorno da igrexa de Zamáns e na estrada da Igrexa, por valor de 150.000 euros; en Espedrigada (Balaídos-Castrelos), con 280.000 euros; en Baixada a Laxe (Sárdoma), por 270.000 euros; na Estrada Fragoselo (Coruxo), con 350.000 euros; e en Marcosende (Zamáns), cun investimento de 100.000 euros.
O alcalde asegurou que en 2010 humanizarase "de forma tan intensiva" como no pasado ano 2009, "desde o centro ata o casco urbano e aos ámbitos rurais", e congratulouse de que "esta cidade está a experimentar un cambio sen precedentes".
Descargar todas as imaxes