mércores, 18 ago 2021
Abel Caballero anunciou este mércores o programa de outono do Camiño a Camiño, oito rutas desde o 19 de setembro ata o 7 de novembro que percorrerán a senda panorámica de Vigo e as serras do Suído, da Groba, do Galleiro e do Galiñeiro. As inscricións ábrense a semana previa a cada percorrido, con oitocentas prazas en total.
mércores, 11 ago 2021
Os traballos consisten na retirada de 9 eucaliptos con risco de caída e acoutar a zona de pedras cuns postes de madeira para garantir a seguridade.
martes, 10 ago 2021
O alcalde falou en rolda de prensa da boa acollida por parte da cidadanía da acción astronómica que organiza o Concello coas 75 prazas ocupadas ao pouco tempo de comezar as inscricións.
luns, 9 ago 2021
O Concello abriu o prazo de inscrición para a segunda edición do Desafío Audiovisual Illas Cíes -de fotografía e curtas- e para o Cíes Talent, concurso de nova creación para graffiti e banda deseñada. Caballero explicou que se pretende consolidar a candidatura das illas a Patrimonio Mundial da Unesco desde o punto de vista creativo.
venres, 23 xul 2021
O alcalde informou este venres da próxima actualización da app municipal, que incorpora un completo apartado sobre o arquipélago vigués. Os usuarios poderán acceder a información de servizo e empregar o móbil como guía interactiva para as rutas, os principais puntos de interese e os areais.
venres, 16 xul 2021
O alcalde avanzou que no Consello da Xerencia de Urbanismo da vindeira semana quedará aprobada de xeito definitivo a modificación puntual do PXOM para a reordenación dese ámbito e, posteriormente, será ratificada polo Pleno.
venres, 2 xul 2021
Abel Caballero participou este venres na entrega de premios do taller de reciclaxe organizado polo suplemento Xornal Escolar de Atlántico Diario no que estudantes de Primaria aprenderon a importancia da reciclaxe e da reutilización dos elementos da vida cotiá. O alcalde animounos a seguir traballando na protección do medio ambiente e felicitou ao director do xornal, Julio Rodríguez, polo desenvolvemento deste programa no que colabora FCC.
xoves, 1 xul 2021
Vigo aposta por un sistema de reciclaxe que premia aos cidadáns con incentivos que axuden a mellorar o seu entorno máis próximo ao tempo que fomenta a circularidade dos envases. Así o dixo esta mañá o rexedor na presentación de Reciclos, na Farola de Urzáiz durante un acto no que advertiu da importancia da acción individual na preservación do medio ambiente.
mércores, 30 xuñ 2021
Alcaldes e alcaldesas reivindican en Valladolid o protagonismo local e o compromiso cidadán para impulsar a transición cara a unha novo paradigma de sustentabilidade. Para Abel Caballero, cidades e municipios teñen que estar no primeiro plano das decisións e contar cos medios e recursos para facelo posible.
mércores, 23 xuñ 2021
A concelleira de Medio Ambiente, Nuria Rodríguez, e a organización de The Wild Fest presentaron esta mañá un programa que inclúe a completa e esixente carreira de obstáculos The Wild Race, na que aínda hai tempo para inscribirse, e a andaina solidaria. As 800 entradas xa están á venda na web de The Wild e pódense conseguir dende os 15 euros e ata o 29 de agosto. O domingo a entrada é de balde, aínda que haberá control de aforo.