O alcalde achégase á entrega de premios do obradoiro de reciclaxe

mércores, 29 xuñ 2022

O primeiro edil participou no acto organizado polo Atlántico Diario no que puxo de manifesto ante os rapaces e rapazas a importancia de preservar o medio ambiente. Abel Caballero quixo concienciar no seu discurso aos máis pequenos e pequenas sobre a "xoia medioambiental que son as Illas Cíes e a importancia da recuperación dunar en Vigo". O alcalde tamén quixo poñer de manifesto a importancia dos servizos de limpeza municipais e que Vigo ten 8 vasoiras de platino "por ser a cidade máis limpa". No acto houbo 50 proxectos premiados que o rexedor cualificou de "magníficos".

Vigo acada 14 distincións azuis ao sumar os 3 sendeiros

xoves, 12 mai 2022

Vigo revalida os 3 sendeiros con Bandeira Azul no ano 2022. Son o Camiño a Beiramar, a Senda entre os Faros nas Illas Cíes e a Senda Litoral e do Monte da Guía. Onte confirmouse tamén a Bandeira Azul para 11 praias, coa incorporación de Santa Baia en Alcabre. Unha das condicións para obter este distintivo é ter servizo de socorrismo. Abel Caballero visitará esta tarde aos alumnos do curso ofertado polo Concello por segundo ano consecutivo. Son 13 alumnos que reciben unha formación teórica de 70 horas que inclúe contidos e avaliacións de prevención e vixilancia, rescate acuático e primeiros auxilios.