As praias de Vigo obteñen un “excelente” na súa calidade da auga para o verán
As 23 praias da cidade obtiveron a cualificación de “excelente”, a máis alta da clasificación sanitaria da dirección xeral de Saúde Pública.

As praias de Vigo obtiveron unha cualificación de “excelente” na clasificación sanitaria das zonas de baño para 2022. Abel Caballero deu a coñecer os datos do informe da dirección xeral de Saúde Pública, depende da consellería de Sanidade, onde as 23 praias de Vigo contan coa máis alta valoración en canto á calidade da auga e salubridade.
As praias que figuran no informe son: A Sobreira, Argazada, Calzoa, Canido, Carracido, Carril, Figueiras, Fontaíña, Fontes, Fortiñón, Mende, Mourisca, O adro, O Poriño – Vigo, O Vao – Baluarte, Rodas, Samil, Santa Baia, Tombo do Gato, Toralla e Xunqueiro.
O alcalde explicou que o informe sanitario apela á seguridade sanitarias nas augas polo que “son seguras en termos de baño”.