martes, 10 mai 2005
Corina Porro, López Peña e Alberto Núñez Feijóo, ademais de numerosos políticos locais, asistiron á colocación da primeira pedra do vial que conectará o polígono de Balaídos co norte (Santiago-Coruña) e o sur (Tui-Portugal) de Galicia, ademais do Parque Tecnológico de Valladares.
mércores, 2 feb 2005
Corina Porro e Alberto Núñez Feijóo asinaron hoxe os dous primeiros convenios do investimento previsto pola Xunta na cidade de Vigo e que ascendería a 19 millóns de euros. Os dous que se produciron hoxe atañen á ampliación e urbanización da rúa Pedro Alvarado e a reconstrucción da pérgola de Jenaro de la Fuente en Bouzas.
xoves, 20 xan 2005
Os alcaldes de Vigo, Ourense, Pontevedra e Ferrol fixeron pública esta mañá en Vigo unha declaración conxunta na que demandaron para finais desta década conexións rápidas entre Galicia, Portugal e a Meseta e entre as distintas cidades galegas. Os rexedores manifestaron a súa preocupación pola "indefinición" das características e prazos de execución da rede de alta velocidade galega.
luns, 8 nov 2004
Trala lectura das peticións do Concello por parte da alcaldesa, Manuel Fraga ratificou o seu compromiso coa cidade de Vigo, da que se definiu como "aliado fiel e incondicional".
venres, 5 nov 2004
Corina Porro, xunto co director xeral de Aqualia, Fernando Moreno, e o concelleiro de Servicios Xerais, José Manuel Iglesias, visitaron esta mañá as obras do peche da rede perimetral de abastecemento de Valladares.
xoves, 21 out 2004
O luns 8 de novembro é a data elixida para a visita oficial do presidente da Xunta a Vigo. Aproveitando a ocasión, a alcaldesa Corina Porro, daralle ao presidente unha lista de proxectos que precisan do investimento da Xunta para 2005.
xoves, 7 out 2004
Corina Porro e Rafael Louzán fixeron un repaso das actuacións conxuntas que o organismo provincial está a acometer na cidade. Ademáis da casa Rectoral de Alcabre, destacaron as obras de asfaltado e pavimentación en 20 rúas da cidade, así como en diversos núcleos rurais cunha inversión de 4 millóns de euros.