O goberno municipal humanizará a rúa República Arxentina
venres, 23 feb 2024A Xunta de Goberno aprobou este venres o proxecto de pavimentación que permitirá conservar e mellorar as características funcionais da vía.
A Xunta de Goberno aprobou este venres o proxecto de pavimentación que permitirá conservar e mellorar as características funcionais da vía.
O goberno municipal súmase este domingo, 18 de febreiro, á conmemoración do Día Internacional da Síndrome de Asperger iluminando de azul as fontes da rúa Aragón, co obxectivo de dar visibilidade ao colectivo e reivindicar o exercicio efectivo dos dereitos das persoas que sofren esta síndrome a das súas familias.
Segundo explicou o alcalde logo da Xunta de Goberno, o obxectivo é solucionar o saneamento nas inmediacións do Estadio Municipal de Balaídos para evitar a acumulación de auga nos días de choiva.
Con 50 metros de altura sobrevoando o acceso á cidade pola autoestrada, o Halo conta con dous ascensores con capacidade total para 24 persoas nun traxecto que dura entre 26 e 28 segundos a unha velocidade de 1,6 metros por segundo.
Abel Caballero deu conta do avance da obra do corredor mecánico entre Travesía e Aragón, na que este domingo xa se instalou a rampla que une Santo Cura de Ars e Aragón. A instalación do ascensor que unirá Travesía e Santo Cura de Ars comezará a súa montaxe a finais de semana.
O alcalde informou da posta en funcionamento do ascensor que unirá a zona de García Barbón e Vía Norte, sumando este novo elemento mecánico ao corredor que vai desde o Areal ata o Barrio de Ribadavia. Trátase dunha cofinanciada co Goberno de España a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia dotado cos fondos europeos Next Generation EU.
A Xunta de Goberno Local deu luz verde ás bases xerais e específicas reguladoras da convocatoria dos procesos selectivos de 2020 a 2022 coas que se cubrirán 214 prazas vacantes.
O Pleno aprobou a moción socialista para instar ao goberno de Galicia á inversión necesaria para a mellora naqueles centros educativos públicos de Vigo que o precisen. Tamén pediu un plan de humanización para a estradas de titularidade autonómica.
Abel Caballero anunciou que a Xunta de Goberno aprobará este venres a adxudicación das obras para a rexeneración de Samil no tramo que comprende desde a praia da Fonte ata a zona da pista de patinaxe. O goberno local investirá 1.800.000 euros nun proxecto conxunto co goberno de España que abordará a recuperación da zona de praia e o novo paseo cun importe de 2.126.150 euros.
Teñen un importe de 1.271.209 euros, dos que 945.000 euros son achegados polo Goberno de España procedentes de Fondos Next Generation UE polo proxecto de implantación de “Zonas de Baixas Emisións e Transformación Dixital e Sostible do Transporte Urbano”.