As fontes de Aragón ilumínanse de vermello polo Día da Hemofilia
Este xoves 17 de abril a comunidade mundial de trastornos da coagulación celebra o Día Mundial da Hemofilia baixo o lema “Acceso para todos: mulleres e nenas tamén sofren hemorraxias", co que se quere aumentar a conciencia pública e o coñecemento sobre os trastornos hereditarios da coagulación, especialmente na incidencia que ten nas mulleres. O Concello súmase á xornada iluminando de vermello as fontes da rúa Aragón
