A cidade ilumínase de amarelo polo Día Mundial da Osteoxénese Imperfecta

luns, 6 mai 2024

Este luns 6 de maio conmemórase o Día Mundial da Osteoxénese Imperfecta, unha doenza rara coñecida como "enfermidade dos ósos de cristal" que se orixina por unha anomalía xenética que deriva na xeración insuficiente de coláxeno, a proteína maioritaria do corpo humano, e que acaba limitando de xeito importante a calidade de vida dos enfermos. O Concello de Vigo súmase á conmemoración da xornada iluminando de amarelo as fontes da rúa Aragón esta noite co fin de concienciar á cidadanía sobre esta enfermidade.

As fontes de Aragón ilumínanse o domingo polo Día mundial da hipertensión pulmonar

venres, 3 mai 2024

O Concello súmase á conmemoración desta xornada, que se celebra en todo o mundo o 5 de maio, co fin de concienciar á cidadanía sobre esta patoloxía que afecta a máis de 25 millóns de persoas en todo o mundo e que, malia ser incurable, é tratable se se detecta a tempo. As fontes de Aragón tinguiranse de azul o domingo pola noite para lembrar a efeméride do Día mundial da Hipertensión pulmonar

As fontes de Aragón ilumínanse de verde e laranxa polo Día da Fibrose Quística

mércores, 24 abr 2024

Este mércores 24 de abril celébrase o Día da Fibrose Quística, unha enfermidade hereditaria, crónica e dexenerativa que afecta a preto de 3.000 persoas en España, 160 delas en Galicia. Baixo o lema "A saúde mental: unha viaxe colectiva", as asociacións demandan maior apoio para a saúde mental das persoas con fibrose quística e as súas familias, que teñen un maior risco de padecer síntomas de ansiedade e depresión polas esixencias da enfermidade.