Teis terá unha nova piscina municipal cun investimento de 7 millóns de euros
O alcalde trasladou que a resolución de construír unha nova instalación "é unha decisión do goberno local". As obras comezarán nas próximas semanas tras a adxudicación das obras na Xunta de Goberno.

Luz verde para o inicio das obras da nova piscina de Teis. O goberno local investirá case 7 millóns de euros en renovar a instalación deportiva que foi calcinada nun incendio.
Segundo explicou o alcalde, é preciso acometer unha reforma integral que inclúa a renovación das fachadas, cambiando o revestimento de pedra por un con illamento térmico, acondicionamento de dúas novas salas para actividades deportivas, a renovación total das instalacións polos novos requisitos normativos sobre consumo enerxético, maior eficiencia e usos de enerxías renovable. Amais mellóranse os materiais de cuberta, renóvase completamente o sistema eléctrico, mellóranse os acristalamentos dos muros mediante vidros de baixas emisións, actúase na accesibilidade universal, amplíanse os aseos e vestiarios para persoas de mobilidade reducida, incorpórase dotación para persoas ostomizadas e mellórase a protección contraincendios.