Escoitar

O Concello asistirá a Las Rozas o luns 12 de maio para esixirlle á Federación Española coñecer “absolutamente todo” sobre a selección de sedes

Abel Caballero explicou esta mañá que o Concello de Vigo acudirá o luns 12 de maio á sede da Real Federación Española para “esixir toda a información” sobre o proceso de selección de sedes. Este encontro “é preparando o proceso xudicial” para que a Federación “repoña a Vigo como sede porque Vigo gañouno”.

venres, 2 mai 2025

“Ao final comezamos a dobrarlle o pulso á Federación Española de Fútbol”, comezou relatando Caballero, e sinalando que ata o de agora “ofrecerannos que fósemos a ver o expediente de Vigo e agora cambian e permiten que vexamos todo aquilo que non sexa confidencial”. O alcalde continuou explicando que “imos plantexarlles que queremos coñecer absolutamente todo” xa que “non hai confidencialidade nun concurso público”.

A reunión terá lugar o vindeiro luns 12 de maio en Las Rozas (Madrid), na que o Concello de Vigo “esixirá toda a información”. “Foi un escándalo e queremos luz e claridade". O Concello esixirá saber os criterios, os baremos utilizados, as reunións levadas a cabo, os lugares onde se celebraron e as persoas que acudiron a cada unha delas. Finalmente, Caballero indicou que este encontro “é preparando o proceso xudicial” para que a Federación “repoña a Vigo como sede porque Vigo gañouno” e “da Federación Española non me fío nada”.

Descargar todas as imaxes