O Concello inicia o próximo martes as viaxes pola ría do programa "Vigo, cidade amiga dos maiores"
O vindeiro martes 6 de maio o Concello inicia as viaxes pola ría do programa municipal "Vigo, cidade amiga dos maiores" no que participarán 2.600 persoas durante os meses de maio, xuño e xullo, segundo avanzou hoxe o alcalde.

Abel Caballero explicou que as 49 viaxes organizados en 3 meses permitirán aos participantes gozar da paisaxe mariña da ría de Vigo, xa que o barco "Nautilus", no que se desenvolve a iniciativa municipal dirixida ao goce dos maiores, conta cun dron de inspección dos fondos.
"É un programa municipal totalmente gratuíto que ten un éxito excepcional porque todas as viaxes están sempre cheas", destacou o rexedor. O alcalde lembrou que cada viaxe conta con capacidade para 50 persoas e con tres prazas para persoas con mobilidade reducida.