Escoitar

O goberno municipal iniciará nas próximas semanas a obra do Paseo de Granada

O alcalde deu conta da adxudicación das obras na Xunta de Goberno que suporán un investimento de 3.344.461 euros. Catro novas ramplas mecánicas enlazarán o fin das escaleiras mecánicas de II República coa praza do Bicentenario.

venres, 2 mai 2025

Abel Caballero informou da adxudicación da instalación das ramplas mecánicas e humanización do Paseo de Granada cun investimento de 3.344.461 euros.

Segundo explicou, instalaranse 4 ramplas, pola beirarrúa impar, cunha lonxitude aproximada de 210 metros e que salvarán unha pendente de case o 10%. As catro ramplas proxectadas contan con 35, 38, 35 e 12 metros de lonxitude. Estas ramplas provocarán que “a parada de autobús da zona centro e Porta do Sol se sitúe na Praza do Bicentenario”, dixo.

A actuación desenvolverase no Paseo de Granada e unha parte da rúa do Pracer, realizando unha redistribución do espazo a través dunha humanización que terá actuacións como a ampliación do ancho das beirarrúas, a pavimentación acorde coa contorna, a renovación das redes de servizos existentes e da iluminación pública así como a implantación de elementos de mobiliario urbano. Amais, a obra mantén o carril bici.

Descargar todas as imaxes