xoves, 18 xul 2013
A venda de entradas para os concertos de Melendi (24 de Xullo) e Love of Lesbian e Fangoria (26 de Juilio) van a moi bo ritmo, polo que se prevé un cheo absoluto no auditorio vigúes.<br />
mércores, 17 xul 2013
Caballero presentou este mércores un dos grandes concertos de este verán. Pablo Alborán actuará o próximo domingo 28 de xullo no IFEVI, ás 21,30 horas, dentro da súa xira Tanto 2013.
martes, 16 xul 2013
Caballero confirmou que este ano o Concello tamén porá unha pantalla para que a cidadanía que non poida acceder á Concatedral poida presenciar os actos desde fóra. Tras unha reunión cos responsables da Confraría, o alcalde apuntou que a revisión do percorrido da procesión terá lugar este mesmo martes.
xoves, 18 abr 2013
Os alcaldes de Vigo, Abel Caballero, e o do Ribadavia, Marcos Blanco, presentaron este xoves no Museo de Arte Contemporánea de Vigo unha nova edición da feira do Viño do Ribeiro. Caballero subliñou que Vigo foi o principal porto do que partía o Ribeiro cara a América a partir do século XVIII.
mércores, 3 abr 2013
O alcalde rubricou este mércores o convenio polo que o Concello, a través de Cultura e Festas, achega 40.000 euros para a organización dos actos da Reconquista, cantidade á que se suma outros 35.000 euros que abona a través de Alcaldía. En total, o Concello achega 75.000 dos 90.000 euros de orzamento da celebración.
venres, 22 mar 2013
O alcalde de Vigo presentou este venres a programación da festa da Reconquista, que se celebrará os próximos 6 e 7 de abril. Máis de 30 grupos animarán nas dúas xornadas as rúas do Casco Vello, que acollerán a representación teatral da Reconquista o domingo, as 18 horas.
mércores, 6 feb 2013
O alcalde de Vigo informou hoxe mércores desta nova de cara ao Entroido deste ano. Caballero definiu a Ana Guantes como unha "recoñecida profesional da radio desta cidade" que agora está "exercendo de viguesa activa" desde o seu papel xornalística en Madrid.
martes, 5 feb 2013
Abel Caballero, acompañado pola concelleira de Festas, Isaura Abelairas, presentou hoxe martes o programa do Entroido 2013, cun orzamento de 85.000 euros, que permitiron organizar unhas festas para que "Vigo disfrute de 5 días de tradición e diversión".
luns, 7 xan 2013
O alcalde foi o encargado de entregar a chave da cidade ás Súas Maxestades de Oriente, que o día 5 pola tarde chegaron a Vigo cargados de agasallos. Doce carrozas e oito grupos de baile deron vida a un desfile que este ano estaba ambientado con motivos marítimos.
luns, 7 xan 2013
Tras o accidente acontecido en Málaga durante a Cabalgata de Reis, no que faleceu un menor, o alcalde de Vigo anunciou que o Concello estuda o valado do percorrido neste tipo de desfiles para aportar "máis seguridade" aos eventos.