O alcalde saúda ao alumnado do Colexio El Castro que participará na Reconquistiña

martes, 21 mar 2023

Abel Caballero visitou este martes as instalacións do centro educativo, situado na Gran Vía, mentres o alumnado de terceiro e cuarto de Primaria participaba no obradoiro didáctico e musical impartido pola organización da festa. Con esta actividade, as nenas e nenos achéganse á historia da festa e prepáranse musicalmente musicalmente para celebrar a Reconquistiña o vindeiro xoves, día 30, con outros centros educativos da cidade.

O auditorio municipal acolle concertos didácticos de música tradicional para escolares

luns, 20 mar 2023

Abel Caballero saudou aos 250 alumnos e alumnas de distintos centros de Vigo que achegáronse ao Auditorio Municipal para participar na actividade musical organizada polo Concello. Os escolares gozarán estes días de concertos didácticos ao cargo da Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Tradicional. Este luns visitaron o Auditorio desde CEIP Seis do Nadal, CPR Escuelas Nieto, CEIP Ría de Vigo, CEIP Párroco Don Camilo, e CPR Compañía de María. Preto de 2.300 escolares pasarán pola instalación municipal.

Caballero acompaña ao alumnado do colexio Calasancias no “bautizo” dunha oliveira

mércores, 15 mar 2023

O alcalde achegouse esta mañá ao colexio Padre Miguel Calasancias de Vigo para participar no “bautizo” dunha oliveira que o Concello donou ao centro educativo para que a prantara na entrada. Al lado de “Oliveto” e da man do alumnado, Caballero tivo oportunidade de coñecer as actividades que desenvolven en defensa de conceptos como a ecoloxía integral ou a economía circular. Durante a visita, Caballero felicitounos porque o colexio foi elixido sede clasificatoria rexional de a WRO (World Robot Olympiad), competición de robótica de ámbito internacional.

O alcalde felicita aos promotores da VII Feira de Ensinanzas Artísticas e Profesionais

martes, 14 mar 2023

O alcalde saudou esta mañá aos asistentes á VII Feira de Ensinanzas Artísticas e Profesionais que hoxe pecha as súas portas no Auditorio Mar de Vigo. Caballero tivo a oportunidade visitar todos os stands informativos polos que tamén pasaron máis de tres mil estudantes interesados en alternativas educativas para buscar o seu futuro profesional.

Abel Caballero vista as instalacións da UNED no décimo aniversario da universidade en Vigo

xoves, 9 mar 2023

O alcalde visitou as instalacións da UNED en Vigo, no cuarto andar do Auditorio Mar de Vigo, que renovou a equipa tecnolóxica nas 8 aulas. A UNED cumpre 10 anos en Vigo, cun financiamento por parte do goberno local de 825.000 euros. "Dixitalización, servizos técnicos, equipos tecnolóxicos... todo preparado para o mellor ensino", sinalou Caballero. A UNED en Vigo conta con 13 titulacións, ás que o alcalde quere sumar máis grados "para darlle forza á UNED na cidade".

O alcalde recibe ao alumnado de Francia e Alemania de intercambio no IES Politécnico

mércores, 8 mar 2023

Abel Caballero saudou aos alumnos e alumnas chegados de Francia e Alemaña que están a facer un intercambio escolar no IES Politécnico de Vigo. O alcalde saudou estas iniciativas "que están a borrar as fronteiras de Europa" e contou ao estudantado a súa experiencia cando viviu en Cambridge. Os rapaces e rapazas están a coñecer Vigo e aprender español, algo que o rexedor celebrou: "Vigo é unha cidade amigable".