Caballero saúda ao alumnado de Escocia de estadía no Colexio Mariano
O alcalde deu a benvida a 14 estudantes procedentes de Aberdeen (Escocia) que están a realizar unha estadía en Vigo. Trátase dun intercambio escolar no que o alumnado de Vigo tamén viaxa ao Reino Unido para aprender o idioma e coñecer a cultura anglosaxoa. Caballero animounos a gozar da cidade e aprender do profesorado do Colexio Mariano.
