Escoitar

O Concello reclama á Xunta unha valoración independente do financiamento do IFEVI

O alcalde anunciou que se enviou unha carta ao conselleiro de Emprego ante a desconformidade coa valoración da Xunta, que se outorga 31,4 millóns e 1,6 ao Concello. “Tómanos o pelo”, dixo Caballero.

martes, 6 mai 2025

O Concello quere unha nova valoración independente do financiamento do IFEVI. Así, o alcalde anunciou que se enviou unha carta ao conselleiro de Emprego, José González, onde o goberno local reclama unha nova auditoría “porque a da Xunta di que eles investiron 31,4 millóns de euros e o Concello 1,6 e iso non é posible porque o Concello é o propietario dos pavillóns 1, 2 e o chan do 3, 4 e 5, dos aparcadoiros e das oficinas”.

Para Caballero isto é “unha tomadura de pelo e todo Vigo sabe que é unha barbaridade e a propia Xunta tamén”. Por isto, na misiva reclámase unha valoración independente, un deseño legal do padroado e acordos por unanimidade”.

Con todo, o alcalde defendeu a entrada de Zona Franca no padroado “porque quere apoiar” e lamentou que “a Xunta impuxera a maioría do padroado e fracasase porque non investiu 18 millóns para un novo pavillón”.

“A Xunta quere que o Concello e Zona Franca paguen e que a Xunta ordene e mande, pero isto xa non é o Vigo de fai 20 anos. Agora defendemos os nosos dereitos”, concluíu.

Descargar todas as imaxes