O alumnado do CEIP Emilia Pardo Bazán coñeceron as instalacións de Praza do Rei a través de “Visita o teu Concello”

xoves, 10 nov 2022

O alcalde recibiu no Salón de Plenos a un grupo de escolares de 6º curso de Educación Primaria que participan no programa "Visita o teu Concello" a través do cal se achegan ás instalacións municipais e ao labor do Concello na cidade. Nenas e nenos aproveitaron a ocasión para preguntarlle a Abel Caballero polas tarefas que desenvolve no seu día a día, así como por algúns dos proxectos municipais. Ademais, os rapaces e rapazas achegáronlle o rexedor un listado de propostas para mellorar a cidade.

Abel Caballero visita o novo patio cuberto do CEIP Canicouva

xoves, 10 nov 2022

Esta mañá o rexedor, xunto a profesores e equipo directivo, puido observar de primeira man o funcionamento desta obra executada polo Concello de Vigo no CEIP Canicouva. Nesta visita tamén aproveitou para recoller as iniciativas que lle transmitiron os máis cativos, explicándolles "a importancia de estudar" para o seu futuro.

O alcalde visita ao alumnado do CEIP Mosteiro-Bembrive

xoves, 3 nov 2022

Abel Caballero visitou esta mañá ao alumnado e claustro do CEIP Mosteiro-Bembrive, que conta cunha nova instalación polideportiva arranxada polo Concello. O rexedor percorreu as instalacións xunto á directiva do centro e tomou nota das necesidades trasladadas polo profesorado e alumnos e alumnas. No encontro, Caballero achegouse a un aula onde foi entrevistado polos estudantes de 6º de Primaria do Mosteiro-Bembrive, unha entrevista na que trasladou aos pequenos as súas inquedanzas profesionais e persoais e aos que animou a estudar e facer caso aos pais e nais e aos mestres e mestras.

O alcalde reitera o seu compromiso con seguir potenciando a UNED na apertura do curso

xoves, 3 nov 2022

Abel Caballero e Carmela Silva participaron esta tarde no acto de apertura do curso académico 2022/2023 da UNED, universidade financiada en Vigo por Concello e Deputación. O alcalde, aproveitou a súa intervención para ratificar o compromiso municipal con esta institución académica e eloxiou a súa calidade formativa, con 14 títulos. Rematou a súa intervención lembrando que tería que ser a Xunta de Galicia a administración que financiara a UNED de Vigo, igual que o fai co resto das universidades galegas. No acto tamén estiveron presentes Víctor M. González, director do Centro da UNED en Pontevedra e María del Carmen Martínez, coordinadora da aula de Vigo.

O alcalde eloxia a labor “artística” do alumnado do Cep Igrexa Valadares

mércores, 2 nov 2022

Abel Caballero achegouse esta mañá ao Cep Igrexa Valadares para coñecer a visión escultórica da cidade que vén desenvolvendo o alumnado deste centro educativo. O rexedor tivo a oportunidade de apreciar a destacada labor artística destes estudantes e de agradecerlles persoalmente a confección dunha cabaza na que esculpiron unha imaxe do propio alcalde.

"Visita o teu Concello" chega aos escolares do CEIP Sárdoma - Moledo

martes, 18 out 2022

Case un centenar de rapaces e rapazas achegáronse á Casa Consistorial para coñecer as súas instalacións e o funcionamento da administración local. Abel Caballero deulles a benvida aos alumnos de 5º e 6º de Primaria, que coñeceron de primeira man os Salón de Plenos, a Sala de Prensa, a Sala de Xuntas e máis zonas de traballo do Consistorio. A iniciativa "Visita o teu Concello" pretende achegar a administración a 3.000 escolares de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de Educación Secundaria. Deste xeito, coñecerán a estrutura, funcións e competencias do Concello, ademais de reflexionar sobre o papel dos gobernos locais. O Concello pon a dispor dos estudantes transporte gratuíto e monitores e monitoras de balde.