xoves, 7 out 2021
Na constitución do Foro Local para a Axenda Urbana Española, o presidente da FEMP, a ministra de Transportes e alcaldes destacaron o papel local para levala adiante. Para Abel Caballero, a Axenda Urbana é un novo xeito de entender o territorio que incorpora os gobernos locais á arquitectura constitucional.
mércores, 6 out 2021
O alcalde visitou Conxemar 2021 a amosou o seu apoio a Feira que “está superando as expectativas pola cantidade de compradores e transaccións que están a facerse”, segundo conversou con algúns dos expositores.
mércores, 6 out 2021
O presidente da FEMP participará mañá en Sevilla na constitución do Foro Local da Axenda Urbana. En rolda de prensa, anunciou o compromiso dos gobernos locais coa UA, o marco estratéxico e a guía para promover un novo modelo de cidade sostible, segura, inclusiva e resistente.
martes, 5 out 2021
O alcalde louvou a acción da Xunta Directiva de Conxemar que deu “un paso valoroso” na organización da Feira deste ano e cualificouna de “fito para poder enviar unha mensaxe a todo o planeta”.
luns, 4 out 2021
O congreso da FAO -antesala da feira Conxemar - contou nesta ocasión coa presenza da súa Maxestade a Raíña Letizia no Auditorio Mar de Vigo, nun acto no que tamén estiveron presentes o alcalde, o ministro de Agricultura e o presidente da Xunta. Durante a súa intervención, Caballero apuntou á cidade como capital do mundo da pesca sostible e responsable.
mércores, 29 set 2021
O concelleiro de Servizos, Javier Pardo, puxo de manifesto o consenso acadado coas asociacións na nova normativa. O Pleno tamén aprobou cos votos do Grupo Municipal Socialista a modificación da Ordenanza Fiscal Xeral que conxela as taxas por segundo ano consecutivo.
martes, 21 set 2021
O alcalde exixiu responsabilidades en rolda de prensa polo atraso da obra logo do compromiso da conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, de telo rematado a mediados de setembro e dispoñible para a Feira Conxemar.
xoves, 16 set 2021
Abel Caballero detallou esta mañá á vicepresidenta do Goberno Nadia Calviño algúns dos proxectos industriais cos que a cidade aspira a fondos de recuperación europeos. Durante unha conferencia organizada dentro de Mindtech 2021, agradeceu á ministra a áxil xestión do Goberno Central cos recursos procedentes do programa Next Generation EU.
mércores, 15 set 2021
O edil de Facenda, Jaime Aneiros, defendeu ao aeroporto vigués non só como ferramenta para o turismo, se non tamén polo volume de negocios da cidade.
martes, 14 set 2021
Abel Caballero avanzou esta mañá que a organización de MINDTECH permite volver a trazar unha parte da economía que foi golpeada pola pandemia. Neste contexto felicitou a promotores e expositores pola súa “valentía”.