Escoitar

O marco orzamentario para o trienio 2024-2026, validado no Pleno da Corporación

O goberno local deu conta das directrices xerais orzamentarias para os próximos tres anos, un documento que xa foi enviado ao Ministerio de Facenda. Trátase, dixo Jaime Aneiros, do primeiro paso para elaborar as contas de 2024.

mércores, 29 mar 2023

O concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, deu conta na sesión plenaria desta mañá da resolución pola que se aproba o marco orzamentario para o trienio 2024-2026. No contexto da programación plurianual que fai o goberno de Vigo, esta validación é o paso inicial para a elaboración e aprobación dos orzamentos de 2024. Polo tanto, o goberno local segue traballando na programación dos investimentos, das accións públicas para os vindeiros anos.

Nas directrices que se remitiron o 14 marzo ao Ministerio de Facenda, detallou Aneiros, recóllense os datos macro que marcarán a confección das contas do ano que vén. Entre outros, destacou a previsión de cumprimento das regras fiscais, de estabilidade e de equilibrio que foi anunciada pola Unión Europea. Tamén se fai unha previsión dos ingresos a percibir polo Concello, mantendo as achegas das transferencias do Estado e a presión fiscal municipal.

O documento recolle a revisión dos contratos vixentes nos termos fixados pola lei, así como os novos contratos derivados das humanizacións que se formalizarán en 2024. Os gastos de persoal incrementarse no disposto das lei de orzamentos xerais do Estado, o que permitirá preservar o emprego público. Un ano máis, o Concello non prevé acudir ao endebedamento polo que non hai partidas ni para o pago de xuros nin para a devolución de capitais pedidos a préstamos.

Pola súa banda, os grupos da oposición criticaron as previsións económicas do goberno así como o que consideraron baixa execución do capítulo de investimentos.

Descargar todas as imaxes