Escoitar

Manuel Castro regresa ao seu lugar na rúa do Príncipe

O alcalde achegouse este luns á descuberta da escultura do icónico vendedor de xornais Manuel Castro, que foi reforzada despois de sufrir actos vandálicos en varias ocasións.

luns, 27 mar 2023

A escultura recupera o seu espazo na rúa do Príncipe, ao carón do Marco, onde foi colocada por primeira vez en decembro do ano 2011. A escultura é obra de Jandro Rodríguez, de bronce e cun peso de 300 quilos, e recolle o xesto habitual de Manuel Castro, xirando o periódico sobre o dedo índice da súa man dereita.

O alcalde explicou que a popular escultura tivo que ser reparada en varias ocasións por mor de actos vandálicos e agora regresa á rúa do Príncipe logo de terse “reforzado moito as soldaduras do dedo e do antebrazo e a peza de forma estrutural. A partir de hoxe volve estar entre nós”.

 

Descargar todas as imaxes