O alcalde visita os traballos de conservación da oliveira do Paseo de Alfonso
O goberno municipal está acometendo labores de poda na centenaria oliveira do Paseo de Alfonso para seguir contribuíndo á súa conservación. Abel Caballero achegouse a ver de primeira man os traballos e saudou ás persoas que participaban no xogo da campaña “Vigo, a cidade dos espazos verdes” cunha exposición e un xardín efémero co que se pode gañar unha oliveira ou unha camelia.



