Escoitar

O alcalde louva o liderado dos proxectos do Startup Congress Galicia

Abel Caballero participou na presentación do Startup Congress Galicia que reúne hoxe e mañá a máis de 700 emprendedores e emprendedoras. Todos eles exporán en charlas sectoriais o futuro de cada sector en diversas áreas. O alcalde louvou aos asistentes, aos cales cualificou de ser líderes co seu labor de emprendemento: “Coa innovación sucede como a cultura, hai que deixarvos facer porque as novas formas aparecen nas vosas ideas”, dixo o rexedor.

xoves, 20 abr 2023
Descargar todas as imaxes