Finaliza a limpeza do túnel de Beiramar e a posta en marcha dos novos sistemas de seguridade
Abel Caballero informou da finalización da instalación das actualizacións de seguridade “coas últimas tecnoloxías dispoñibles”, rematando o proceso coa limpeza das paredes do túnel.
O Concello procedeu a “limpeza total de todas as paredes do túnel de Beiramar”, usando material e maquinaria adecuada, xa que contaba con tiña manchas nas paredes.
O pasado mes, realizouse un simulacro que serviu para comprobar a renovación dos sistemas de seguridade, adaptados á normativa europea, do paso inferior baixo a Avenida de Beiramar. Con un custe de 1,5 millóns de euros, os traballos que realizaron nesta primeira fase foron: mellora na iluminación; renovación do cableado adecuado ás esixencias en canto á protección contra incendios; renovación e ampliación das luces de emerxencia; novos cadros eléctricos e distribución; novos detectores de monóxido de carbono e sensores Nox para detectar gases de nitróxeno nos sistemas de escape; sistemas de detección de opacidade dos anemómetros que miden a velocidade vento; substitución dos armarios de SOS; instalación dun sistema de megafonía; novos paneis de mensaxería para información; cambio do cadro principal de baixa tensión; nova cartelaría de información para evacuacións e finalmente, unha nova instalación de software para o control e vixilancia máis adecuado á actualidade, que permite realizar un control minucioso desde a sala de tráfico do Concello.