luns, 17 abril 2023

O alcalde destaca o labor docente na formación en valores do alumnado

luns, 17 abr 2023

Abel Caballero achegouse este luns á Escola de Maxisterio CEU Vigo onde participou na entrega de diplomas ao alumnado do curso de mediadores en prevención de adiccións para estudantes de Maxisterio, que foi impartido coa colaboración do Concello e a asociación Érguete. O rexedor trasladoulle ao alumnado que cursou esta formación a importancia do seu labor á hora de inculcar valores desde a docencia.