Escoitar

O Concello convoca subvencións para entidades que fomenten o deporte feminino

O goberno local vén de aprobar as bases reguladoras da convocatoria de axudas para promover o deporte feminino. As achegas adxudicaranse por concorrencia competitiva primando ás entidades que máis licenzas femininas teñan e ás que reúnan a máis mulleres nas respectivas xuntas directivas.

venres, 14 abr 2023

A Xunta de Goberno validou as bases reguladoras da convocatoria de subvencións a entidades deportivas de Vigo para a promoción do deporte feminino. Cun orzamento de 45.000 euros, primarase aos clubs con maior número de licenzas de mulleres e a aqueles que teñan mulleres nas súas xuntas directivas. O ano pasado beneficiáronse 79 entidades. O prazo de presentación de solicitudes comenzará ao día seguinte da publicación do extracto da convocatoria no BOPP.

O goberno local tamén aprobou unha prórroga temporal da cesión dunha vivenda municipal para unha muller vítima de violencia machista que convive cos seus dous fillos. Trátase dunha das vivendas das que o Concello dispón para facilitar a inserción e a autonomía destas vítimas de violencia de xénero.

Coruxo F.C.

Outro dos asuntos aprobados na Xunta de Gobierno foi a subvención nominativa de 140.000 euros á entidade Coruxo F.C., o que supón 40.000 euros máis que o ano pasado, co obxectivo é favorecer o proxecto deste club de elite da cidade. O Concello, ademais, renovou a iluminación e o céspede dos campos de O Vao e de Fragoselo por un importe de 854.000 euros.

 

Descargar todas as imaxes