Escoitar

O Concello amplía o orzamento para o centro de formación e emprego no Casco Vello

A Xunta de Goberno aprobou o modificado do importe do proxecto debido ao incrementos dos prezos na construción, que está financiado cos fondos FEDER da Unión Europea. O Concello xa ten aberta a licitación das primeiras tres formacións que impartiranse no mes de xuño.

xoves, 13 abr 2023

Abel Caballero deu conta da modificación do proxecto do centro de formación e emprego que está a desenvolver no Casco Vello por mor da inflación dos prezos da construción. A Xunta de Goberno aprobou a modificación orzamentaria para seguir coas obras, financiadas cos fondos FEDER da Unión Europea dentro do proxecto EDUSI Vigo Vertical. Segundo informou o rexedor, xa está aberta a licitación dos primeiros tres cursos de formación que comezan no mes de xuño: atención sociosanitaria, capacitación dixital e novas tecnoloxías e socialización e habilidades emocionais e autoxestión.

A Xunta de Goberno tamén aprobou o convenio de colaboración coas entidades sociais Alborada, Amaina e Érguete para o desenvolvemento dun programa de prevención das drogodependiencias co obxectivo de facilitar información e sensibilización en torno as adicións. Segundo informou o alcalde, organizaranse 300 obradoiros nos centros educativos de Primaria e Secundaria. Tamén no grao de Maxisterio haberá unha formación para o perfil de mediador para estes casos.

Abel Caballero tamén deu conta da modificación orzamentaria, cifrada en 1.840.000 euros, para o desenvolvemento das festas de Vigo e o festival O Marisquiño.

Naves Coruxo

Por outra banda, hoxe o Concello adquiriu dúas naves na parcela situada na estrada Vao-Coruxo 157 por un importe de 363.000 euros co obxectivo de destinalas ao deporte.

Descargar todas as imaxes