Escoitar

A Xunta de Goberno aproba a contratación do servizo de Vigosónico

Abel Caballero deu conta da adxudicación do contrato polo período dun ano e que conta co incremento da formación de medios persoais e o incremento da experiencia laboral. Tamén aprobouse a prórroga do contrato de servizos para as instalacións deportivas durante un ano cun importe de 775.000 euros.

mércores, 12 abr 2023

O alcalde deu conta dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno, entre os que destacou a contratación do servizo para a xestión de Vigosónico. Segundo explicou, é un contrato dun ano con posibilidade de dúas prórrogas. A previsión é que poda comezar a actividade a mediados do mes de maio. Con este novo contrato increméntase a formación de medios persoais, incluíndo un coordinador de programas. Tamén increméntase a experiencia laboral dos medios persoais a maiores da xa exixida.

A Xunta de Goberno tamén aprobou a prórroga do contrato de servizos de apertura, control, manexo, equipamento e peche das instalacións deportivas cun importe de 775.000 euros. O Concello está a redactar un novo contrato que substituirá ao prorrogado unha vez entre en vigor o novo documento.

Descargar todas as imaxes