O alcalde visita Escuelas Nieto
Abel Caballero mantivo un encontro este martes coa dirección de Escuelas Nieto, que lle trasladou os proxectos educativos do centro e algunhas das necesidades que teñen para seguir avanzando na atención á comunidade educativa. O rexedor tivo a oportunidade de saudar tamén ao alumnado a quen animou a estudar e prepararse para o seu futuro.



