xoves, 20 abr 2023
A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves a contratación da primeira fase das obras de mellora integral, novo arborado e mobiliario no parque de Navia que será “para todo Vigo”.
xoves, 20 abr 2023
O goberno de Vigo inicia a tramitación do expediente de contratación do concerto que o artista sevillano ofrecerá este verán dentro do programa de festas da cidade. Tamén se iniciou o expediente de contratación do espectáculo infantil “La Ratita Presumida”.
xoves, 20 abr 2023
O Concello notificou a adxudicación, por 181.505 euros, do contrato para as obras do IX programa de decoración de murais e xa seleccionou os espazos que acollerán novas obras de arte na rúa.
xoves, 20 abr 2023
Vigo adiántase á conmemoración do 23 de abril da man do grupo de voluntariado do Concello que organizou unha lectura pública de fragmentos de libros de grandes nomes da literatura como forma de render renderlles homenaxe no Día do Libro. O rexedor participou no acto desenvolvido na Porta do Sol coa lectura da primeira cantiga de Martín Códax.
xoves, 20 abr 2023
Abel Caballero participou na presentación do Startup Congress Galicia que reúne hoxe e mañá a máis de 700 emprendedores e emprendedoras. Todos eles exporán en charlas sectoriais o futuro de cada sector en diversas áreas. O alcalde louvou aos asistentes, aos cales cualificou de ser líderes co seu labor de emprendemento: “Coa innovación sucede como a cultura, hai que deixarvos facer porque as novas formas aparecen nas vosas ideas”, dixo o rexedor.
xoves, 20 abr 2023
Baixo o lema “Ciencia na rúa”, o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo desenvolve este venres 22 e o sábado 23 de abril un festival científico na Porta do Sol, que transformará a praza nun laboratorio para achegar a ciencia á cidadanía. Trátase dun evento gratuíto para tódolos públicos con concursos, talleres, feiras, obradoiros infantís, monólogos e espectáculos de maxia.
xoves, 20 abr 2023
O alcalde participou na inauguración da exposición “Fragmentos de onte”, das bodegas Martín Códax na sede de Afundación, un percorrido visual da fotógrafa americana Ruth Matilda Anderon, que afonda na vida cotiá de Galicia a través dunha serie de imaxes que captan as diferentes profesións máis artesanais. Amais, acompañan a exposición fotográfica manequíns que recrean a vida en Galicia nos anos 20. Abel Caballero louvou a acción cultural por parte da cooperativa vitivinícola, que comercializa unha edición especial do seu albariño cunha das fotografías tomadas pola fotógrafa. A exposición estará na sede de Afundación de Vigo ata o 10 de xuño.