A Senda Verde, punto de encontro para celebrar o Día Mundial da Actividade Física
O Concello conmemora esta efeméride con accións de promoción do exercicio e a vida saudable entre o alumnado de varios centros escolares da cidade.

Abel Caballero achegouse este mércores ao Parque Biosaudable de Coutadas, na Vía Verde, onde están a desenvolverse distintas actividades con motivo do Día Mundial da Actividade Física co obxectivo de que a xente nova adquira “criterios de vida saudable”.
Ao longo desta semana participarán neste programa 175 alumnos e alumnas dos colexios Quiñones de León, Frián-Teis e Paraixal. Aos que participaron este mércores, o rexedor trasladoulles a necesidade de que fagan unha vida saudable e de “camiñar unha milla diaria, un quilómetro e medio e a Vía Verde é fantástica para facelo”.

