Escoitar

Aberto o prazo de inscrición para as visitas guiadas aos xardíns do Pazo de Castrelos

O Concello abre o prazo de inscrición para esta actividade con motivo do Día Europeo dos Xardíns Históricos. As persoas interesadas poden reservar a súa praza no 010 e o 986 810 260.

mércores, 19 abr 2023

Vigo conmemora o Día Europeo dos Xardíns Históricos coa visita guiada aos xardíns do Pazo de Castrelos o 26 de abril. As persoas interesadas poden facer a reserva da súa praza no 010 ou no 986 810 260.

Haberá catro quendas nos que participarán un máximo de 25 visitantes en cada unha delas. A primeira será ás 11:30, outra ás 12:30 e pola tarde ás 17 e 18 horas. A duración de cada visita é de entre 30 e 45 minutos.

Una persoa experta será a encargada de realizar o itinerario para coñecer diferentes espazos como os xardíns de entrada, o xardín regular francés, o xardín paisaxista inglés, bosquete de eucaliptos ou a carreira da rosaleda, tamén as principais especies e elementos botánicos singulares así como os xardíns como elementos importantes para a conservación da biodiversidade.

Descargar todas as imaxes