Comeza o asfaltado de Tomás Alonso con cambios no tráfico
Abel Caballero informou do plan de tráfico para a zona, onde tamén comeza a preparación da rúa para o asfaltado en Praza da Industria e Núñez de Balboa. O alcalde tamén deu conta do inicio das obras para a instalación da rampla mecánica entre Travesía e Aragón.
O alcalde advertiu en rolda de prensa de cambios no tráfico na zona de Tomás Alonso, Praza da Industria e Núñez de Balboa, que comezan as labores para o posterior asfaltado. A rúa Pontevedra retoma o tráfico normal ao quedar rematado o asfaltado, pendente de pequenas actuacións para finalizar a rexeneración, igual que acontece en Joaquín Loriga que xa está en condicións de utilización, a falta do pintado da sinalización. Abel Caballero manifestou que dará conta dos cambios no tráfico cando comecen as máis de 100 rúas programadas para a mellora da calzada.
O rexedor tamén deu conta do inicio das obras da rampla mecánica que termina el corredor mecánico entre Travesía e Aragón e a humanización da zona. A primeira parte do proxecto é o ascensor, desde Travesía á igrexa de Santo Cura de Ars, cunha capacidade para 13 persoas. Agora comeza a obra da rampla desde a igrexa ata a saída a rúa Aragón. Caballero pediu precaución ás persoas que utilicen habitualmente na zona por mor das obras.