Vigo aproba unha ampliación do Orzamento de 2024
martes, 23 xul 2024A Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria, deu luz verde este martes ao expediente de ampliación para acometer diferentes obras na cidade.
A Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria, deu luz verde este martes ao expediente de ampliación para acometer diferentes obras na cidade.
A administración local paga aos provedores nun prazo medio de 7,45 días. “A cidade de España que máis pronto paga ás empresas que prestan servizos”, afirmou o alcalde.
Abel Caballero puxo en valor este mércores a xestión municipal na área de Facenda cualificando a Vigo como un concello “gran pagador” xa que aboa as facturas aos provedores nun período medio de 9 días e mantén “débeda cero”.
A capital viguesa acolle os próximos días 12 e 13 de xuño ‘Galicia Biodays’, o foro de referencia da industria biotech do Espazo Atlántico Europeo organizado por Bioga. O encontro internacional recibirá a máis de 1.000 asistentes e xa ten programados 600 encontros para que os protagonistas do sector das ciencias da vida xeren negocios e desenvolvan novos proxectos
O goberno municipal de Vigo garante que o Concello mantivo en 2023 o máximo control dos gastos municipais coa fiscalización “plena”, en prazo, e cumprindo coa legalidade, de “todos” os expedientes. “Comprobamos que o feito é o contratado”, afirmou este luns o concelleiro de Orzamento e Facenda, Jaime Aneiros, na sesión en que os edís dos grupos municipais do PSOE e do BNG votaron a favor da moción socialista para instar á Xunta a que desconxele e aumente a asignación que mantén con Vigo desde fai dez anos, de 6 millóns, con cargo ao Fondo de Cooperación Local-Participación nos ingresos da administración galega.
Os socialistas aprobaron a moción cos seus votos favorables, o apoio do BNG e a abstención do PP . O edil e voceiro, Carlos López Font, defendeu a petición de CONXEMAR “porque todo o espazo que se foi construíndo foi cuberto sempre, tendo aínda máis solicitude de espazo”.
Navalia comeza a súa montaxe para recibir a milleiros de persoas procedentes de 75 países. Abel Caballero achegouse ata o IFEVI onde o martes comeza a feira internacional do sector naval para amosar o apoio e recoñecemento á organización. O alcalde estivo acompañado por José García Costas, presidente de Navalia, e Javier Arnau, director, entre outras autoridades, cos que percorreu os diferentes pavillóns onde se desenvolverá o evento, que este ano amplía en 9.000 metros cadrados a exposición.
O alcalde constatou este luns que o liderado do Concello no pago a provedores tanto en Galicia como no conxunto de España, verificado en febreiro cun prazo de abono das facturas en 6,5 días, evidencia a "situación excepcional das finanzas de Vigo".
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia volve darlle a razón ao Concello de Vigo na súa reclamación ao Concello do Porriño de 5,6 millóns polo pago da auga que recibe do embalse de Eiras. A sentenza rexeita todos os motivos de nulidade alegados polo municipio da Louriña sobre un acordo asinado en 1998 polo que Vigo lle facilitaba auga ao polígono da Granxa.
No pleno aprobouse a moción do Grupo Socialista na que se insta ao goberno autonómico a aprobar un plan, con dotación orzamentaria, para a promoción de rutas nacionais e internacionais no aeródromo vigués. O Partido Popular votou en contra e o BNG abstívose.