mércores, 13 mar 2019
Abel Caballero entregou este mércores os diplomas aos deportistas promesas da cidade temporada 2018. Trátase de 15 nenos e 15 nenas, propostas polas súas respectivas federacións, que destacaron o pasado ano nas súas disciplinas. O acto de entrega, levado a cabo na Alcaldía, é a previa da Gala do Deporte de Vigo que se celebrará este xoves no Teatro García Barbón (Afundación).
martes, 12 mar 2019
O campionato, presentado esta mañá polo concelleiro Ángel Rivas, contará con máis de sesenta participantes chegados de toda Europa. A cita será os próximos 15, 16 e 17 de marzo no Circuíto de automodelismo de Samil, renovado integramente polo Concello o ano pasado.
mércores, 6 mar 2019
Este mércores presentouse o evento, no que o alcalde animou a seguir esta proba de ciclismo de montaña xa que é "todo un espectáculo".
martes, 5 mar 2019
O rexedor trasladoulles a felicitación e o orgullo da cidade de Vigo ás deportistas e destacou publicamente "a heroicidade e a proeza do que significa ter feito esa marcha".
martes, 5 mar 2019
A vixésima Gran Gala do Deporte de Vigo e a súa comarca celébrase o vindeiro xoves día 14 ás 20:30 horas no Teatro Afundación, o escenario histórico deste evento anual que impulsa o Concello co apoio de Faro de Vigo e Abanca.
luns, 25 feb 2019
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado pola concelleira de Igualdade, Uxía Blanco, e polo edil de Deportes, Manel Fernández, recibiu hoxe a preto de corenta mulleres en representación de todos os estamentos do deporte feminino vigués e dunhas vinte e cinco entidades deportivas practicantes de quince modalidades.
mércores, 20 feb 2019
O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, anunciou hoxe un investimento en reformas de campos de fútbol dun total de 6 millóns de euros, dos que preto dun millón irá ao campo da Bandeira, en Carballal, que dende hai un ano é epicentro de adestramentos e partidos dos equipos da Gran Peña e do AD Lavadores.
luns, 18 feb 2019
O concelleiro de Cultura louvou esta mañá a traxectoria da Orquestra Clásica de Vigo durante a presentación da tempada 2019, no ano no que cumpre o seu 35 aniversario. Durante a rolda de prensa, Cayetano Rodríguez destacou o constante apoio do Concello á música "que está a vivir "momento histórico, como parte esencial do movemento cultural de Vigo".
luns, 11 feb 2019
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe unha nova edición do programa municipal de cros escolar, que comeza esta fin de semana (domingo 17 de febreiro) no colexio Monterrey, na Travesía de Vigo, e que ata novembro ofrecerá seis carreiras en cinco centros de ensino da cidade e unha no parque de Castrelos.
luns, 4 feb 2019
O concelleiro de Deportes anunciou que a segunda edición da carreira Calvario 5+5, este domingo, "espera unha participación considerable, por enriba do milleiro de participantes", e aplaudiu a continuidade do evento "gracias ao traballo da Asociación de Veciños do Calvario e o patrocinio do Concello".