A Fundación VIDE presenta a tempada 2021-2022 con recoñecementos a distintas personalidades e entidades
Será no pavillón das Travesas ás 20 horas, onde recibirán ás medallas Antonio Vázquez Valladares, o Club de Natación Rías Baixas, a Federación de Peñas El Olivo e Carlos Ramón González Movilla.
A Fundación VIDE presenta a tempada 2021-2022 no pavillón das Travesas ás 20 horas onde recoñecerá a personalidades e entidades a súa traxectoria coa entrega dunha medalla.
O rexedor celebrou en rolda de prensa “a volta á normalidade” logo da pandemia y retomar as actividades deportiva como as Escolas Infantís e acciones extrafederativas. Logo, anunciou que os galardóns serán para Antonio Vázquez Valladares, pola promoción da natación; ao Club de Natación Rías Baixas polos seus 25 anos de historia; a Federación de Peñas El Olivo por 30 anos de traxectoria e a Carlos Ramón González Movilla, polos 50 anos de celtismo en Europa. Segundo explicou Abel Caballero, “é un recoñecemento á afición do Celta que desprazouse a Aberdeen no 1971 co primeiro Celta europeo da historia”.
Ademais, tamén farase entrega no acto dos carnés VIDE ás empresas colaboradoras: Adegas Val Miñor, Altia, Campos y Rial, CdeC, Coca-Cola, Faro de Vigo, Frutas Nieves, Gadis, Grupo Recalvi, Hyundai Hyupersa Vigo, Naviera Mar de Ons, New Balance, Viaxes Zonda e Vitrasa.
Como novidade, Caballero sinalou que VIDE vai promover e promocionar novos torneos de deporte formativo de modalidades destacadas en escolas deportivas municipais. Tamén aos programas habituais onde a Fundación aporta as becas VIDE con 20.000 euros para deportistas sub-23, o torneo de Nadal de fútbol 8 con 1.300 participantes, os xogos polideportivos de Reis con 250 participantes, a Liga de Natación Escolar con máis de 600 mozos e mozas, campus polideportivos para 300 nenos e nenas e a Vigo Cup que conta con 5.000 participantes en fútbol, fútbol sala e fútbol 7.
Na VIDE están adheridos 45 clubes da cidade, de 21 modalidades deportivas que representa ao redor de 7.000 deportistas federados.