luns, 8 novembro 2021

O MARCO reúne a inédita serie de “Containers” de Quintana Martelo

luns, 8 nov 2021

O céntrico museo vigués estrea este luns unha exposición na que o artista galego leva traballando desde hai case que dez anos. O fío condutor da mesma, os contedores das cidades que visitou, retratados en ducias de obras de distintos formatos. O alcalde louvou a calidade dun traballo que encherá o MARCO ata o 27 de febreiro.