O alcalde eloxia o papel das ximnastas do Club Sieiro no mundial de Bakú
Abel Caballero recibiu este mércores a Esther Pacheco e Lucía Pereira, oitava e novena clasificadas respectivamente no Campionato do mundo por idades de Ximnasia Trampolín, na categoría de 15-16 anos.

En Bakú, Esther Pacheco converteuse na primeira ximnasta do Club Sieiro Acrobacia Vigo en clasificarse nunha final dun Campionato do mundo por idades. Lucía Pereira, pola súa banda, clasificada novena, quedou a décimas de conseguilo. Ambas recibiron este mércores a felicitación de Abel Caballero, quen as recibiu na Alcaldía xunto a Iván Estévez, o adestrador, e a Sara Penedo, adestradora e presidenta do club.