Escoitar

O goberno municipal entrega 1.500 carballos ás comunidades de montes de Vigo

O alcalde asistiu este mércores ao acto de entrega dos exemplares desta especie autóctona, que se desenvolveu no viveiro municipal do Monte do Castro.

mércores, 22 dec 2021
Momento da entrega realizada no viveiro do Monte do Castro
Momento da entrega realizada no viveiro do Monte do Castro

En rolda de prensa, o Abel Caballero explicou que o Concello “segue na reforestación da cidade. Plantamos miles e miles de árbores desde que son alcalde e este é o momento da historia de Vigo na que hai máis árbores plantadas”.

O plan do goberno municipal contempla a entrega de 300 carballos á Comunidade de Montes de Teis, 250 ás comunidades de Beade e Saiáns, 200 á de Coruxo, 150 carballos á Comunidade de Montes de Candeán e a Montes de Vigo, a de Matamá recibirá 100 e as de Valadares e Zamáns 50 unidades.

 

Descargar todas as imaxes