xoves, 23 dec 2021
A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves o programa contra desafiuzamentos e de emerxencia social para o ano 2022 que ten un importe inicial de 1.175.000 euros pero para o que non hai límite: “todo o que sexa necesario vaise dar”.
xoves, 23 dec 2021
Son usuarias do Servizo de Axuda no Fogar e da teleasistencia municipal, principalmente mulleres de idade que recibirán nos seus domicilios un menú especial no día que escollan. Vigo tamén servirá unha cena de Nadal aos 38 usuarios do albergue municipal e entregará outras 32 a persoas en situación de rúa, pensións e hostais.
xoves, 23 dec 2021
O presidente da FEMP apoia as medidas sobre as máscaras e o incremento de rastreos e test. Abel Caballero participou na Conferencia de Presidentes en representación das entidades locais.
xoves, 23 dec 2021
Abel Caballero avanzou este xoves en rolda de prensa o incremento en 5 céntimos do prezo do billete do transporte público, tal e como recollen os pregos do contrato. Esa suba anual será asumida polo Concello para os titulares da tarxeta PassVigo.
xoves, 23 dec 2021
O alcalde participou este xoves na apertura do novo espazo, situado na parte superior da fachada da antiga estación, entre a confluencia de Vía Norte con Urzáiz e Baixada á Estación. “Toda a parte da beirarrúa dereita, poderá usarse deste hoxe”, anunciou o rexedor á cidadanía.