Abel Caballero participará o mércores na Conferencia de Presidentes
Como presidente de la FEMP, en representación de todos os concellos de España, o alcalde vigués sinalará que os enfoques deben ser a vacinación e a prudencia.
Como presidente de la FEMP, en representación de todos os concellos de España, o alcalde vigués sinalará que os enfoques deben ser a vacinación e a prudencia.
O alcalde presentou este luns na Praza do Rei as dúas unidades coas que o Concello quere dotar de “modernidade ao traballo de vixilancia e control da Policía Local” e engadiu que se valorará ampliar o número de drons unha vez avaliada a súa utilidade.
A fin de semana pasada a ocupación hoteleira chegou nalgúns casos ao 90%, dixo o rexedor en rolda de prensa. O alcalde subliñou que “o cumprimento das normas sanitarias é total e absoluto” e anticipou que a fin de semana do Nadal a ocupación superará o 80%: “É unha fin de semana moi familiar”, declarou.
O alcalde, Abel Caballero, e o presidente da FEC, o doutor Carlos Macaya, asinaron este luns un convenio marco para converter a Vigo nunha urbe cardiosaudable, fundamentalmente a través de accións de prevención. No 2020, 328 persoas morreron diariamente por enfermidade cardiovascular en España e o 80% pódense evitar a través da alimentación e o exercicio físico.